Pico

Nunca fixen caricaturas, excepto cando a finais do 2004 estaba pensando en adicarme a isto da ilustración, e xa non volvín a facer máis. Nesa ocasión esta caricatura de Xosé Manuel Olveira «Pico» foi merecedora dun premio na VII Bienal de la Caricatura de Ourense. Nunca tiven ocasión de amosarlla. Agora, un lote de anos despois, sirve para facerlle unha modesta homenaxe a esta gran persoa e actor. Até sempre.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , , | 1 Comentario

«Cartas de inverno» mellor libro ilustrado do 2012.



Noite da Edición, Vigo, 15 de marzo 2013. «Cartas de Inverno» a Novela Gráfica de Antonio Seijas premiada co Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012

Foi unha noite incrible en Vigo, rodeado de tantos amigos e xente talentosa. Un prazer atoparme con Helena Perez, Manuel Bragado, Francisco Castro, Ledicia Costas, Montse Pena, Paz Castro, Agustín Fernández Paz, Celia Torres, Fran Alonso, etc.
É realmente unha sorpresa e unha inmensa honra resultar premiado entre tanto nome recoñecido. Como dixen alí, grazas a todos, desde os editores que votaron para colocar a miña banda deseñada «Cartas de Inverno» como finalista ata os membros do xurado que a convertiron en gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012. Aínda non o creo. Moitas grazas, e parabéns ao resto de premiados! Por certo, o premio adiqueillo á miña nai, que non puido ver o cómic rematado e seguro que lle tería gustado.

Como sempre, máis fotos nos albumes de https://www.facebook.com/CartasDeInverno
toni

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , , , , , , , | Leave a comment

David Lynch

Os meus logos xa aparecen no boletín de novidades de Transcental Music! Foi incrible traballar neles con indicacións directas de David Lynch! Un dous meus directores favoritos! É unha honra colaborar nun gran proxecto benéfico coma este.
Podedes seguir esta fundación benéfica de David Lynch en https://www.facebook.com/TranscendentalMusic , coa súa propia radio online!!

toni

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

A toda máquina!

Ilustración para a exposición «A toda máquina!» da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2013.

toni

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Fervenzas literarias

Onte coñecíanse os resultados das votacións sobre o mellor do ano da literatura galega grazas a Fervenzas Literarias. Parabéns a tódolos premiados e grazas aos que votáchedes!!

A miña novela gráfica «Cartas de Inverno», acadou un moi bo tercer lugar entre os mellores albumes de banda deseñada do 2012:
http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/component/content/article/124-os-mellores-do-2012-banda-desenhada

E eu aparezo no cuarto posto entre os mellores ilustradores galegos do 2012:
http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/component/content/article/120-os-mellores-do-2012-ilustrador-2012

grazas a tod@s!
unha aperta!
toni

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , , , , , | Leave a comment

«La que se avecina» – 6ª tempada

Nesta sexta tempada podedes seguir vendo tres das miñas ilustracións adornando un dos decorados da exitosa serie de televisión «La que se avecina».

Láminas asinadas de estas ilustracións (e do resto dos meus traballos) están dispoñibles na miña web. Toda a información, tamaños e prezos:
http://www.antonioseijas.com/shop/shop.html

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , | Leave a comment

Feliz 2013!

Feliz ano a tod@s e moitas grazas polo voso apoio!! apertas! ;¬)

toni

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Marillion «Sounds that can´t be made»: Gaza

Algunhas das imaxes para a canción «Gaza» da banda inglesa Marillion, incluidas na edición deluxe do seu novo album «Sounds that can´t be made»

Tamén fixera para eles todo o «artwork» para «Happiness is the Road» edición deluxe: http://antonioseijas.blogspot.com.es/2008/06/marillion-happiness-is-road.html
A versión normal:
http://antonioseijas.blogspot.com.es/2009/02/happiness-is-road-retail.html
Algunhas imaxes nun video:
http://antonioseijas.blogspot.com.es/2012/02/marillion-happiness-is-road-artwork.html
E máis na miña web:
www.antonioseijas.com

toni

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen categorizar | Coas etiquetas , , , , , , , | Leave a comment