“Cartas de inverno” mellor libro ilustrado do 2012.



Noite da Edición, Vigo, 15 de marzo 2013. “Cartas de Inverno” a Novela Gráfica de Antonio Seijas premiada co Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012

Foi unha noite incrible en Vigo, rodeado de tantos amigos e xente talentosa. Un prazer atoparme con Helena Perez, Manuel Bragado, Francisco Castro, Ledicia Costas, Montse Pena, Paz Castro, Agustín Fernández Paz, Celia Torres, Fran Alonso, etc.
É realmente unha sorpresa e unha inmensa honra resultar premiado entre tanto nome recoñecido. Como dixen alí, grazas a todos, desde os editores que votaron para colocar a miña banda deseñada “Cartas de Inverno” como finalista ata os membros do xurado que a convertiron en gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012. Aínda non o creo. Moitas grazas, e parabéns ao resto de premiados! Por certo, o premio adiqueillo á miña nai, que non puido ver o cómic rematado e seguro que lle tería gustado.

Como sempre, máis fotos nos albumes de https://www.facebook.com/CartasDeInverno
toni

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar e etiquetada , , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.